8/3/2012

Traballadoras en Londres, en galego

8 de marzo, Día Internacional da Muller. Dende Londres sumámonos á celebración cunha entrevista realizada por Andrea, unha rapaza de 5 de Primaria, a catro mulleres galegas que traballan a diario connosco e que nos fan a vida moito máis agradable. Reparade na lingua tan marabillosa que usan e que non esqueceron nin renegaron dela malia levar máis de 20 anos en Londres. Para nós son un exemplo. Sirva ademais a súa voz como homenaxe a tantas coma elas que decidiron que transmitir a nosa lingua era non só o natural senón tamén un valor polo que apostar.

1 comentario:

  1. lauralizancoslondres15 de marzo de 2012, 13:58

    SODES INMENSAS, COMPAÑEIRAS! Co cariño, agradecimiento a morriña de vós, de sempre, un bico cheo de admiración! GRAZAS a ti tamén, XAIME!

    ResponderEliminar